FACENDO VISIBLES ÁS INVISIBLES
Este ano imos adicamos o curso a física e química e o profesorado pareceunos axeitado adicar o 2º trimestre a coñecer científicas mulleres, xa que, habelas hailas e a escola debe dar modelos femininos, ademais dos masculinos, porque todos necesitamos referentes para alcanzar as nosas metas.
Os sextos comezaron o traballo escoitando a Sara Gómez, enxeñeira que falou do seu papel nunha carreira especialmente desempeñada por homes.
Despois de achegarnos ao traballo fixemos biografías sobre distintas científicas e un kahoot para avaliar os nosos coñecementos.
Rematada a primeira achega ao tema escollemos a científica que iamos traballar. Para iso dividimos o traballo en 4:
O XOGO DAS CIENTÍFICAS
Na páxina de muller e ciencia atopamos este curioso xogo de mesa onde cada carta é unha muller científica. Cada xogador debe formar 3 laboratorios para poder ganar a partida. O gañador de cada partida consegue un privilexio para o equipos dos científicos así que hai que xogar moi concentrados.
O EQUIPO DE DESEÑO GRÁFICO
Este grupo encargouse de elaborar os carteis para o corredor para conmemorar a celebración do Día da Muller e Ciencia que se celebra o 11 de febreiro.
OS INVESTIGADORES
O resto dos integrantes de cada equipo debían seguir as pistas para completar a ficha de aproximación á científica sobre a que imos investigar.
POSTA EN COMÚN
Finalmente, cada equipo deseñou unha serie de actividades para poder desenvolver o proxecto deste trimestre e puxémolas en común.
A partir deste momento comezou o traballo sobre ANA MARÍA GONZÁLEZ NOYA
Contactamos con ANA MARÍA GONZÁLEZ NOYA e fixémoslle unha entrevista
Toca rematar o traballo usando toda a información que obtivemos tanto da entrevista coma dos traballo previo.
Despois de todo un trimestre traballando toca dar os últimos retoques ao proxecto deste trimestre.
Xa fomos dando conta das actividades realizadas ao longo deste trimestre. Durante estas semanas estivemos aproveitando todo o material que sacamos da entrevista con Ana María González Noya para que cada equipo desenvolvese un proxecto.
Así, os equipos encargáronse de facer un cómic sobre a vida de Ana María, un lapbook informativo, un panel sobre a táboa periódica e, finalmente, incluila na Galipedia.