top of page

'"Abre esa fiestra,

que quero ver o mar..."

CARACTERÍSTICAS DA SÚA OBRA

Rosalía escribiu en galego e en castelán, en prosa e en verso. A súa obra está profundamente marcada polas circunstancias que rodearon a súa vida, apuros económicos, desgracias familiares e saúde delicada. 

En galego escribiu os libros de poemas Cantares gallegos (1863) e Follas novas (1880). En castelán e en verso, La flor (1857), A mi madre(1863) e En las orillas del Sar (1884). En castelán escribiu tamén a novela romántica El caballero de las botas azules (1867).

En Cantares gallegos, Rosalía de Castro trata de dignifica-la imaxe de Galicia, conta os costumes do pobo e defende o galego. Moitos poemas son glosas de cantigas populares. Denuncia a miseria e a emigración masiva a que estaban obrigados os galegos, sen deixar de verte-los seus sentimentos e vivencias persoais. 


Follas novas é unha obra profundamente intimista, reflexo dos sentimentos persoais de Rosalía: soidade, dor e desasosego. Con poesía de acento universal, Rosalía recorre o camiño do particularismo e do universalismo, para transcende-las vivencias estéticas e dar unha visión radical da vida e preguntarse polo sentido mesmo da existencia humana.

A poetisa folclórica de Cantares gallegos transfórmase en poetisa filosófica en Follas novas, onde se amosa como un xenio da literatura universal pola súa poesía metafísica. 

La flor (1857), Madrid: é o primeiro poemario dunha Rosalía de vinte anos. Aínda que nunha retórica distinta sen substrato social, aí están xa concentrados algún dos principais motivos literarios: a muller traizoada, a perda irreparábel… esa flor seca, murcha, de cemiterio.

Lieders”Trátase dun texto breve e con xeitos de manifesto, e de manifesto feminista, no que a autora fai un canto á igualdade da muller, á independencia e á liberdade: “Yo soy libre. Nada puede contener la marcha de mis pensamientos y ellos son la ley que rige mi destino”

La hija del mar: Ambientada na paisaxe da Costa da Morte e de Muxía, trátase dunha novela moi imaxinativa onde a desolación das personaxes, vítimas de complicados e apaixonados conflitos sentimentais e con especial protagonismo feminino (Teresa e Esperanza), están proxectadas no marco xeográfico, descrito como áspero e deserto.

 

FlavioNovela ambientada na Terra de Iria (o seu título sería un claro índice) na que os conflitos da paixón entre Mara e Flavio están enmarcados noutras tensións de carácter social (entre o primitivo e mesmo medieval e rural co moderno, capitalista e rural) nas que a paisaxe ou a identidade teñen tamén o seu teatro. A frase inicial é ben significativa a este respecto: “La verdadera patria del hombre es el mundo entero”.

 

A mi madre, Vigo: Imprenta de Juan Compañel.Conxunto de catro poemas longos escritos inmediatamente despois da morte da nai, María Teresa de Castro y Abadía (1804-1862), figura figura clave na biografía da autora e cuxa estirpe cantou tamén no célebre poema “Como chove miudiño”.

 

Cantares gallegos (1863). Vigo: Imprenta de Juan Compañel.Primeiro libro integramente en galego que marca o inicio do denominado Rexurdimento pleno. Asociada á lírica e á esfera popular, a autora utiliza esta dimensión para desenvolver unha alegoría nacional sobre a dignidade de Galicia (a cultura, a lingua e a paisaxe) e a súa épica (a emigración). Non menos importante é a expresión dun afouto pensamento crítico, especialmente social e feminista.

 

“Contos da miña terra”, A Coruña: A partir dun conto popular misóxino, coñecido xa na antigüidade clásica, revira a misoxinia do mesmo cara a unha dimensión feminista. A viúva agora é vítima de desvalemento e miseria, máis que por causa da morte do seu home, polas regulamentacións legais discriminatorias.

 

Las literatas. Carta a Eduarda(1866), Lugo: Texto feminista formulado a través do xénero epistolar no que a autora, partindo de reflexións feitas a partir da experiencia propia, explica as difíciles circunstancias que padecen as mulleres escritoras, as “literatas”, sometidas a constantes incomprensións, burlas e menosprezos, nun mundo de escritores.

 

“El cadiceño”, Lugo: Estampa costumista protagonizada por unha personaxe-tipo na que Rosalía satiriza un emigrante a Cádiz. No seu regreso é retratado coma un botaporela, coma un monicreque renegado, caraterística especialmente remarcada pola caracterización lingüística que del fai a autora.

 

Ruinas(1866): Novela publicada por entregas en El Museo Universal. Madrid.Novela protagonizada por tres personaxes situados arredor de dous mundos sociais en conflito: o do Ancien Régime e o do incipiente capitalismo. Tema singularmente presente en toda a obra a través da imaxe das ruínas, evocada desde múltiples ópticas, e asociada á modernidade e ó progreso.

 

El caballero de las botas azules (1867). Lugo, Imprenta de Soto Freire.Considerada como a máis lograda novela de Rosalía, trátase dun diálogo e dunha peregrinación polo Madrid do seu tempo. A enigmática figura do cabaleiro convértese nun instrumento crítico coa sociedade e coa literatura da época. Novela de novelas, o seu realismo é dunha textura descoñecida naquela altura.

 

Follas novascentrada totalmente nas mulleres (viúvas de vivos e mortos), pero especialmente tamén no mundo interior e subxectivo, onde reinan motivos coma o da negra sombra. A metapoesía e as posicións sociais avanzadas complementan unha obra de total radicalidade

 

El primer locoTrátase dunha narración novelesca moi en sintonía coa subxectividade de 

Follas novas e ambientada nunha referencia xeográfica deste libro de poemas: a Compostela dos barrios, en concreto Conxo. Nese marco atopan escenario as ansias e angustias de Luís en relación a Berenice, o misterio, a fantasía e a loucura.

 

Padrón y las inundaciones” (1881). Catro entregas en La Ilustración Gallega y Asturiana.

Artigo asinado nas Torres de Hermida de Lestrobe, espazo biográfico de primeira magnitude en Rosalía, como nel se confesa, fai unha descrición das sucesivas cheas que durante un inverno provoca o Sar na veiga de Padrón, observadas desde as fiestras do pazo, ó tempo que reclama solución para esta continua cruz que padecen os seus habitantes.

 

En las orillas del Sar (1884). Madrid: Continúa a épica da emigración, pero agora faise máis dura a simboloxía nacional en “Los robles”. A perda, o fracaso, o pesimismo, tanto persoais coma comunais, enchen un libro que é colofón extraordinario a toda unha vida e a toda unha obra.

 

 

bottom of page